viernes, 16 de septiembre de 2011

WOMEN I´VE NEVER HAD

Fuxe
desaparece dos meus soños
desfaite en esperanzas esquecidas
chuvia distancia
quilómetros quilómetros
de non estar contigo.

Hiberna en primavera
inutiliza o imán magnético
apertas risos bicos
vencellos refugados
de non estar contigo.

Vernos ignorarnos
intres abandoados
os nosos sentimentos
caíron fervenza abaixo
augas coléricas
de non estar contigo.

Fuxe
desaparece dos meus soños
e únete á lista interminábel
das mozas que nunca tiven.


(De "Post: Poemas pequeniños do despois". Alí Omar, 1998-99)

No hay comentarios: