jueves, 29 de septiembre de 2011

UNHA APERTA A STEVEN ADLER

Eu non fun o batería de “Appetite for destruction”
nin de súpeto esquecín todas as notas
e andiven dez anos drogándome ata o exceso
pra voltar.

Eu non podo presentar ese sorriso inquebrantábel
de quen recupera e comparte tanta beleza
porque eu non
por máis que bucee no pasado
non atopo.


(De "A onde vai iste camiño, a onde vai?" Alí Omar, 2004)

No hay comentarios: