Din que votan aos partidos que votan para que os españois non lles chamen reaccionarios.
Din que teñen a sensación de viviren nunha distopía, e será que ser galegos lles semella unha distopía, ou pior, unha utopía, en troques dun feito.
Din que pensan que viven nunha sociedade estamental, e non hai maior mostra dunha sociedade estamental que gabar a unha muller que leva máis de vinte anos de diputada e que nunca tivo outra ocupación, nen virtude.
E a iso alcúmano votar polo cambio.
A desprezar o seu país e as súas xentes, compromiso.
A presumir de superioridade, traer a ilusión.
Mesmo din que o nacionalismo é votar á candidata do Presidente de España.
E non se rín ao dicilo pero si que se rín (de nós).
Rinse de nós e queremos que chova.
No noso valeroso chan, que tampouco lles vale.
No hay comentarios:
Publicar un comentario