martes, 15 de septiembre de 2009

NIN SEQUERA TIVEMOS UNHA BATALLA NOSA

Gañáchedes
estades no modelo de sociedade que queriades
non teño en conta eses matices que poidan existir
(de tan pequenos)

Déixame entón escenificar a miña última pose
leve xesto antisistema
desorientado furioso brutal,
non te alporices
perturba como moito pero non fai dano
son golpes mentais a cegas
e non baten máis ca en min mesmo
de cheo
necesarios
we shall overcome era un impulso interno irrefrenábel.

Nin sequera tivemos unha xeración nosa
un recoñecernos no verbo colectivo
captar os designios prohibidos do ar...
como describir
que sei eu se nunca o tiven.

Noso
nada
nada noso.

Só pido unha batalla que perder
pra non ter que vivir de derrotas alleas.


(De "Post: Poemas pequeniños do despois". Alí Omar, 1998-1999)

No hay comentarios: