Cando os demais dormen
avanzamos investidos nas naves da vitoria.
Un que se mergulla pra deter aquil outono
– tempo que non foi –
outro xurde á abordaxe, irmao de vento
non cairá a túa pel tan lenemente!
somos tantos e tan fortes
mágoa de acontecer, colleita de invisíbeis
cando che fuxe o día
e as augas en tumulto
erguen de tsunami mausoleo
eternas homenaxes só pra nós.
A lus da linterna faise esquiva
os deuses din que non, que saberán
unha folla do diario bórrase pra sempre
eiquí non se testemuñan máis naufraxios
eiquí gañar/perder non sabe a ren
esquece o medo quen carece de espranza
maltrata a vida quen habitou sen armas
de frente a aquil combate.
Mentras, os demais, tamén os deuses, dormen
cando nin sequera a terra nos agarda.
(De "Arre Demo, Xa!" Alí Omar, 2004)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Ayer me encontré a Errol Flynn al lado del Sena. ¡Le saludé de tu parte!
Cr.
Caro Antonio,
nos gusta esa "Petite Cuisine" de Malasaña y Antananarivo. Y nos encanta tu última entrada.
Mancha de salidos...
¡No todo va a ser follar!!
No todo va a ser follar!!
Nombre y Apellidos.
Publicar un comentario