Pecha os ollos
vas camiño do abismo
a música soa doce
nada que temer, ninguén que odiar
coas pálpebras fendidas
caes lenemente
e non doen, non mancan
as rochas que afían a congostra
soamente adornan a paisaxe
baten de pouco a pouco
sen ferir
inzando os anceios que foron
deixándote esvaer.
Pecha os ollos
non che van facer mal ningún
agora estás a salvo
meu neno pecha os ollos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario