jueves, 24 de febrero de 2011

SOMOS UNHA ILLA BLOQUEADA

Teño convencemento
en que o significado da vida
rematará con Fidel
a pouca moral que posuímos
xacerá uniformada en verde oliva
a ideia desesperada dunha dignidade
non comercializábel
a fe: crer no que non vimos
ten data de final
sepultura en palmeiras, mausoleo
día do xuízo e penitencia: subsistir
orfandade de praia devastada
ouh Comandante
o motor do mundo
éche tan fráxil
tan humano e tan mortal
mirando embelesados un fío
o fío que nos leva e rachará.


(De "Posíbel mais Imposíbel". Alí Omar, 2003)

No hay comentarios: