viernes, 24 de julio de 2009

AL QAEDA CAE NO CORAZÓN

Meu primeiro amor
foron os zapatistas
fílmico romance
coas indias máis fermosas
étnico remake inconcebíbel
de estar co noso Che.

Logo enchoupei amores máis cercanos
Oglaigh na Éireann en versos celtas
cando ela me deixou
biquei ETA, Ta Askatasuna con reparos
coma esa rapaciña media tola
da que, en azulísimas nubes corsas, te afastarás
e lamento con morriña aqueles días
por máis que tento reescribir a nosa historia
manteño un único final, un desencontro
e cúlpome da vida que nos fixo partir sos.

Meu derradeiro amor máis penetrante
foi un talibanísimo torrente de desexo
un feroz rematar o mundo eiquí ó teu lado
Osama é seu nome
leva cuberta a face de misterios
ten ollos de mil e un engados
e como a princesiña do conto
debes marchar con ela
ou escoller outra cousa
berrar, tolo de ausencia.


(De "Xogo dinámico con información imperfecta". Alí Omar, 2001-2002)

No hay comentarios: