lunes, 29 de julio de 2019

Adler

Triste triste Stephen que te acoitelaches
nun rapto de dor,
ti que sempre rías
que dende o Appetite for destruction todo foron penurias
triste Stephen batería dos abismos
percutor de inmensidades
lanzadas ao voo.
Triste Stephen que fixeches da tristeza un concerto
da tonada un gentle blues.
O coitelo saiu, o cravo non.

No hay comentarios: