viernes, 22 de marzo de 2013

Á BEIRA DO MAHDI

Chávez anda á beira do Mahdi
dixo Mahmud Ahmadineyad
mentras o desautorizaban
xurisconsultos tradicionalistas
que non saben de que vai a cousa
e agachan monopolios sobre a venta de pistachos.

Gústame Ahmadineyad porque é baixiño
ten ideas rocambolescas
e non fere o seu país.

Con Chávez
a lealdade política fóiseme
á beira do Mahdi.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Primeiro pensei que o Mahdi era un río, agora que coido saber o que é o poema aínda me presta máis. Saúde

A.O. dijo...

Nunha traslación panteista galaica, o duodécimo imam tamén podería ser, por exemplo, un río.
Unha aperta