Chávez anda á beira do Mahdi
dixo Mahmud Ahmadineyad
mentras o desautorizaban
xurisconsultos tradicionalistas
que non saben de que vai a cousa
e agachan monopolios sobre a venta de pistachos.
Gústame Ahmadineyad porque é baixiño
ten ideas rocambolescas
e non fere o seu país.
Con Chávez
a lealdade política fóiseme
á beira do Mahdi.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Primeiro pensei que o Mahdi era un río, agora que coido saber o que é o poema aínda me presta máis. Saúde
Nunha traslación panteista galaica, o duodécimo imam tamén podería ser, por exemplo, un río.
Unha aperta
Publicar un comentario