lunes, 2 de julio de 2012

SUCESIONES

A la revolución le sigue la contrarrevolución. A la Primavera Árabe, la Primavera Salafista.
Los Hermanos Musulmanes egipcios y Hamas quedaron en medio. Hubo un tiempo en que el futuro les pertenecía. Ahora la corrupción pende sobre ellos. El alcance de su presumible traición va escribiendo el rumbo, lento, del porvenir.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Queres dicir que o propio dunha revolución é ser traizoada? (creo lembrar que ese era o xeito no que Deleuze lía a Cromwell). Pero se asumimos que a traizón está inscrita na mesma lóxica do proceso revolucionario, non equivale iso a dicir que a revolución non pode cumprirse –que pode ser iniciada, pero non cumprida?

Anónimo dijo...

O certo é que si, a revolución concebida como promesa non pode senón non cumplirse, aínda que me refería máis ben a como as tendencias oportunistas e os aproveitados secuestran a revolución de acordo cos seus intereses estreitos, en detrimento dos pobos árabes e do pobo palestino.
Nin sequera quen mantivo a loita contra a dictadura ou contra a ocupación sionista é capaz de quedar ao marxe dos cartos recibidos do estranxeiro e dos realineamentos rexionais. Dá unha mágoa!
Unha aperta
Alí Omar

Anónimo dijo...

Entendo... O de traizón paréceme un termo mesmo heroico tendo en conta o contexto que describes. A algúns traidores a historia concedeulles a dignidade da autonomía. A lección de Cromwell é: "quen traizoa a outros, acaba por traizoarse a si mesmo". No entanto, os oportunistas sempre dependen do dereito de outros. A traizón pode chegar a ser tráxica, pero o oportunismo creo que é simplemente patético.