domingo, 22 de julio de 2012

PREHISTORIA

"El Gobierno no presta atención al descontento y a la resistencia popular excepto cuando percibe el riesgo de una insurrección:
El único límite a la opresión del Gobierno es la fuerza con la que el pueblo se muestra capaz de oponérsele.
Cuando el pueblo acata dócilmente la ley, o sus protestas son poco convincentes y se reducen a meras palabras, el Gobierno proyecta sus propios intereses e ignora las necesidades de la gente. Cuando las protestas son enérgicas, insistentes, amenazantes, el Gobierno, dependiendo de si es más o menos comprensivo, se hunde o recurre a la represión.
Si el Gobierno se hunde, el pueblo ganará confianza y aumentará sus demandas hasta el momento en que la incompatibilidad entre la libertad y la autoridad sea evidente. Y si el Gobierno no se hunde, el pueblo terminará rebelándose".
(Enrico Malatesta, 1920) 

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Trasladado ao presente, non teño claro quen sería hoxe o pobo (en cambio, todo o mundo sabe quen/que é o goberno). Se o pobo somos todos os que non gobernamos, dubido que consigamos poñernos de acordo...
(A cita paréceme moi suxestiva, en todo caso)

A.O. dijo...

Eu tampouco o teño moi craro, por iso titulei con algo de rencor Prehistoria.
Polo demais, a cantidade de persoas enchoupadas en mecanismos corruptos é moito máis alta da que nos imaxinamos; e tamén hai que ter en conta a lei de Cipolla... difícil de propor, a unión do pobo guiada por intereses homoxéneos.

Anónimo dijo...

Si, xa vin que os títulos a miúdo son puntos de fuga.
Sobre o pobo... A complicidade colectiva coas máis diversas formas de corrupción ten moitos efectos perniciosos. Un deles é a reclusión do desinterese –por non falar da axuda mutua- no ámbito das relacións persoais. A parte boa é que dicir "amizade" (cando menos nun certo sentido da palabra, ou nun determinado xeito de vivila) tamén é comezar a dicir "pobo". Parafraseando a un amigo: os primeiros revolucionarios eran, entre outras cousas, un grupo de persoas que compartían ideas e que cruzaban cartas.