martes, 12 de junio de 2012

PSICOANÁLISIS (Public Enemy No.1)

Supongo que escribo una tesis sobre un país poblado de conflictos porque el conflicto es, malgré moi, mi hábitat natural.
Supongo que me gusta el hip hop de los 80 porque consistía en una invitación al "Fight the power"; tenía actitud.
Supongo que no me entusiasman demasiado los Clash de después de London Calling porque venían concluyendo "and the law won".
La ley no gana si está frente al poder. Cuando el poder es la única ley, la ley nunca gana.
What we got to say
Power to the people no delay
To make everybody see
In order to fight the powers that be

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A lei non equivale ao poder, igual que o dereito non equivale á xustiza. Pero hai xustiza para alén da lei, non?

Anónimo dijo...

Poder e lei van xuntos pero casan mal. A lei garda unha (xa moi cativa) relación coa seguridade xurídica e a limitación da arbitrariedade. O poder relaciónase máis coa violencia e a imposición unilateral da propia vontade, que ademais é moi voluble.
Xustiza haber haberaia, o raro é dar con ela. Imaxino que existe unha certa idea de xustiza, aínda que mesmo sexa unha idea literaria: na tradición galega, xustiza rosaliniana.
A.O.

Anónimo dijo...

No fundamental estou de acordo. Pero se a política non trata só do existente, senón tamén do que aínda non existe, penso que ese espazo da xustiza, ao que de certo Rosalía aspiraba, non é únicamente un espazo literario. (Conservar a confianza, neste momento histórico, ben podería ser unha cuestión de orgullo...). Unha aperta.

Anónimo dijo...

Tes bastante razón, cando non podo ver a corporeidade da xustiza, e indixestión de Derrida mediante, ás veces acabo hiperbolizando o inmaterial e pensando que os espectros de Marx son unha reelaboración de Shakespeare... Pero no fondo sei que non. Unha aperta
A.O.

Anónimo dijo...

Non sei se D. era o filósofo máis claro da súa xeración, pero sen dúbida foi o máis oportuno. Abonda con pensar na data dos *Espectros de Marx*. A súa deriva da posmodernidade rampante á teoría política é un perfecto exemplo do que Hegel chamaría “astucia da razón”. Que se avergoñen os que non intuíron o que se nos viña literalmente enriba coa caída do muro. Unha aperta, A. O.